- Praza Isaac Díaz Pardo s/n, 15888 Sigüeiro (Oroso)
- orosoavpc@gmail.com
- GARDA: Todos os días do ano, 24 Horas
0
+
Voluntarios
Os nosos recursos
Equipo humano
As 32 persoas que forman parte da Agrupación Municipal de Protección Civil de Oroso traballan as 24 horas do día, os 365 días do ano ao servizo dos veciños e veciñas do municipio.
Todas as persoas que forman parte da Agrupación están tituladas pola Axencia Galega de Seguridade Pública (AGASP), polo que teñen capacidade para realizar unha asistencia sanitaria primaria.
Protección da veciñanza
Realizan tarefas de prevención e seguridade en todo tipo de eventos e actividades do municipio.
Atención das emerxencias
Asistencia nas emerxencias do 112 e en accidentes de tráfico, laborais e domésticos.
Os nosos recursos
Medios materiais
A Agruación conta cun vehículo “pick-up” de intervención rápida, un vehículo ‘todo terreno’ Nissan Pathfinder, unha furgoneta Renault Trafic e un remolque para as tarefas diarias.
- Vehículo “pick-up” de intervención rápida
- Vehículo 'todo terreno' Nissan Pathfinder.
- Furgoneta Renault Trafic
- Remolque
A “pick-up” está especialmente deseñada para intervencións rápidas en sucesos coma incendios, accidentes, rescates ou limpezas de carretera. O remolque conta con material para actuar en caso de inundacións, desbrozadora e elementos de luminación e sinalización, entre outro material.
Os nosos recursos
A base
A sede da Agrupación está ubicada no Centro Cívico do Concello de Oroso, sito na Praza de Isaac Díaz Pardo s/n en Sigüeiro.
Sigüeiro (Oroso)
Praza Isaac Díaz Pardo s/n, 15888