O 2025 empezou da peor forma posible en Oroso. Unha triste noticia comezaba o mesmo tempo que o facía o ano. Nas primeiras horas do día 1, comunicaban a triste e inexplicable noticia de que un dos voluntarios de PC falecera atropelado por un autobús.
Unha perda importantísima dentro do noso municipio, e dentro da agrupación.
Nicolás era un voluntario de recente integración da nosa agrupación, que xa acababa de facer a sua formación e que destacara dentro dela pola sua cara de felicidade continua, así como por ser un rapaz con unhas ganas tremendas por aprender e participar nas actividades.
Donde esteas Nico, que a terra che sexa leve e que teñas unha boa garda!!! D.E.P