O Concello de Oroso iniciará o expediente administrativo para a concesión da súa Insignia de Ouro á Agrupación Municipal de Protección Civil como forma de agradecemento a este colectivo de voluntariado, sobre todo durante o último ano, afectado pola pandemia.
De feito, o Concello salienta especialmente o seu traballo durante o confinamento «levando medicinas e produtos de primeira necesidade ás persoas maiores, repartindo material de protección ou realizando tarefas de desinfección nos espazos públicos».
A decisión foi ratificada por unanimidade durante o último pleno ordinario. Vanesa Boo, concelleira do grupo socialista, será a instructora do expediente.