112

Emerxencias

Actualidade

Novo remolque para a Agrupación

A Agrupación Local de Protección Civil conta cun novo remolque para facer o seu traballo diario, despois da solicitude realizada polo Concello de Oroso.

O remolque conta con material para actuar en caso de inundacións, desbrozadora e elementos de luminación e sinalización, entre outro material. Emerxencias Galicia, cunha subvención de fondos Feder, adquiriu varios remolques e un deles chegou hoxe a Protección Civil de Oroso.

“A agrupación fai un gran traballo de servizo aos veciños e veciñas, pero sempre é necesario mellorar e renovar o material”, asegura o alcalde, Manuel Mirás.

Compartir: