III Acto de Entrega de Medallas e Condecoracións da Asociación Nacional de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil

O pasado sábado, día 9, dous compañeiros asistiron ao III Acto de Entrega de Medallas e Condecoracións da ANAV PROTECCIÓN CIVIL celebrado na Academia Galega de Seguridade Pública .
Fai unhas semanas, despois de que a agrupación tramitara a solicitude, chegou a resolución coa concesión da condecoración a título póstumo da Cruz de Servizos distinguidos na súa categoría de Ouro para o noso querido compañeiro Pedro Suárez Lorenzo.
Os nosos compañeiros ademais, puideron colaborar neste emotivo acto no que a viúva recolleu a condecoración acompañada de familiares e amigos.
Asistiron tamén como invitados o Alcalde e Concelleiros do Goberno municipal de Oroso.
Dende a agrupación queremos agradecer a ANAV o trato recibido á viúva de Pedro.

Membros da mesa presidencial
Repaso do listado de condecorados
Asistentes ao acto
Colaboración de voluntarias de protección civil de Bergondo e Oroso
Recepción da viúva de Pedro
Entrega da condecoración
Compañeiros que asistiron e colaboraron

Compartir: