🛠️ Protección Civil de Oroso recolle novo equipamento de emerxencias
O concelleiro e o Coordinador da agrupación de Oroso, desprazáronse ata a AGASP (A Estrada) para recoller un novo kit de ferramentas eléctricas destinado á nosa agrupación.
Este material forma parte da entrega realizada pola Xunta de Galicia a 77 agrupacións de voluntarios de Protección Civil de toda a comunidade, cun investimento próximo aos 350.000 euros, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
👉 No conxunto desta actuación entregáronse:
- 35 kits de seguridade viaria
- 32 kits de ferramentas eléctricas (entre eles o de O Oroso)
- 10 tendas de campaña para emerxencias
Este novo equipamento permitirá mellorar a nosa capacidade de resposta ante incidencias, intervencións e situacións de emerxencia no noso concello, reforzando así a seguridade da veciñanza.
👏 Queremos agradecer á Xunta de Galicia este apoio continuo ás agrupacións de voluntariado, así como recoñecer o labor de todas as persoas que forman parte de Protección Civil, sempre ao servizo da cidadanía.

