Carreira Pedestre 2025

A carreira pedestre deste ano 2025, organizada polo concello de Oroso e o club de atletismo, requeriu un esforzo moito mais grande para a agrupación de Pc.

O novo recorrido que se fixo este ano, moito mais urbán e con moitos puntos mais a cubrir, e o mesmo tempo tendo moitos mais puntos conflictivos, fixo preciso que a maior parte dos voluntarios desta agrupación participasen nesta data.

O traballo feito xunto con voluntarios da organización, e con policía local de Oroso, conseguíu que a proba se desarrollara cun bo resultado de traballo.

Agradecemos o concello que no momento da entrega de premios se nos tivese presentes, e que se nos agradecese o traballo dos últimos dias coa entrega de unha figura e detalles para cada un dos voluntarios/as de PC.

Compartir: