A agrupación de Oroso recibe unha subvención desde a Diputación da Coruña

A agrupación de Protección Civil de Oroso recibiu durante o ano 2025 unha subvención de 4.280 €.

Esta subvención está recollida dentro do programa de subvencións dirixido as agrupacións, asociacións e asociacións de agrupacións de voluntarios de protección civil da provincia da Coruña para actividades duranto o 2025 (DP0033)

Esta subvención está destinada a material eléctrico (electrodomésticos), material informático, e material de comunicación. Todos estos elementos permitirán mellorar as instalacións da agrupación, dando unhas novas comodidades para facer o seu labor. Igualmente o material de comunicacións permitirá seguir sumando novos aparellos que se suman os que xa se tiñan, para poder cubrir eventos con maior participación de persoal.

Compartir: